Xornada final do Grupo en setembro

Todo ten un remate e, no caso deste proxecto, está xa perto. Por iso, dende Terractiva estamos a organizar unha xornada final de difusión de resultados e de divulgación. Terá lugar o próximo 11 de setembro, en horario de 11 a 17 horas, e será en Granxas da Lousada (Irixoa, A Coruña). Este evento ten un número limitado de prazas, polo que se é do teu interese ou do de algún coñecido podes incribirte no seguinte formulario e, algo máis adiante, poñeremos en contacto contigo.

O programa detallado é o seguinte:

  • 11.00-12.30h: proxecto e resultados. Presentación das guías elaboradas polo Grupo e outros produtos.
  • 12.30-14.00h: visita a Granxas da Lousada.
  • 14.00-15.30h: xantar.
  • 15.30-17.00h: coloquio.

 

Imaxe 1: cartel promocional do evento final.

 

Se pensas que este evento pode ser do teu interese ou do de alguén que coñezas non dubides en axudarnos a difundilo.

Seguiremos informando!

III Taller de traballo: técnicos das Oficinas Rurais

O pasado 19 de xullo tuvemos o gusto de celebrar o III e último taller do Grupo Operativo TERRACTIVA. Neste caso, os asistentes foron técnicos das Oficinas Rurais, da Consellería de Medio Rural. Esta experiencia axudou a crear moitas sinerxias e a plantexar múltiples inquietudes en torno á figura do novo entrante na nosa Comunidade, perfil ó cal estes técnicos teñen moito que aportar, como ben quedou demostrado nas mesas de traballo realizadas.

Seguiremos informando de máis novas e anunciado outros contidos relativos ó traballo do noso Grupo, estade atentos