A semana pasada, tres representantes de Terractiva puidemos desfrutar de dous intensos días de traballo a nivel internacional e é que… marchamos á Toscana!
Grazas á organización da primeira cross-visit (visita cruzada) organizada pola EIP-Agri focalizada na valorización da produción ecolóxica e a optimización das canles curtas de comercialización, puidemos compartir o noso traballo e coñecer múltiples grupos operativos pertencentes a outras rexións europeas.
O obxectivo desta iniciativa é poñer en común diferentes enfoques para unha mesma fin e potenciar a colaboración entre proxectos, podendo incluso elevar os grupos operativos ao nivel internacional.
En total celebráronse dúas visitas cruzadas, ambas en Italia, unha delas sobre Agricultura ecolóxica e a optimización das canles de valor na Toscana e outra sobre alternativa no manexo circular e ecolóxico do solo na rexión Basilicata.
Con estas xornadas preténdese fomentar o intercambio de traballo e coñecementos innovadores a través de grupos multiactor; compartir as experiencias e retos aos que se teñen enfrentado e as solución que se están aplicando; intercambiar resultados e ferramentas útiles froito do traballo dos distintos grupos; e incluso crear oportunidades de traballo conxunto no futuro.
Podedes consultar máis información na páxina web da EU CAP Network, e incluso apuntarvos á súa newsletter para non perder ninguna destas convocatorias.
No noso caso puidemos compartir a nosa traxectoria e obxectivos con grupos operativos centrados na valorización dos produtos ecolóxicos e da súa cadea de comercialización. En Terractiva somos conscientes da importancia que ten para as e os novos entrantes os modelos de producción baseados nos principios da agroecoloxía, xa que a sensibilidade ambiental é un piar fundamental para moitos dos perfís que se están incorporando actualmente.
As estratexias innovadoras de comercialización, baseadas na cooperación e confianza entre os produtores e consumidores, son froito da sensibilidade social que tamén caracteriza a este grupo de novos entrantes.
Para o GO TERRACTIVA, o apoio á incorporación de novos entrantes en modelos de producciónagroecolóxicoscon ferramentas innovadoras que lles permitan manterse na produción e comercialización á escala que máis lles interese, suporán sen dúbida un pulo ao incremento da produción ecolóxica na nosa rexión, en liña cos obxectivos do Pacto Verde Europeo e a Estratexia da Granxa á Mesa.
Dentro dos grupos operativos cos que puidemos compartir o noso traballo, inclúense:
- Cereali Resilienti 3.0. É a terceira fase dunha investigación sobre a adaptación de diferentes variedades de trigo ao cambio climático na rexión toscana. Nel participan produtores e axentes de innovación xunto con transformadores e comercializadores. Para coñecer máis sobre todas as actividades que levaron a cabo, podedes obter máis información na súa páxina web.
- VARITOSCAN. Céntrase na busca de variedades de millo (Zea mais) e paínzo (Panicum miliaceum) que mellor se adapten para a combinación coa produción de cereais tradicionais na Toscana, sobre todo trigo duro para pasta, en rotación. A produción destes cereais permitiría aumentar as ganancias dos agricultores a través dun produto diferente cunhas calidades e características nutricionais selectas.
- SI-RIPARTE é un proxecto volcado na mellora dos procesos de produción de cereal, que busca facilitar o traballo dos agricultores en aspectos coma a cobertura do caderno de campo. Co lanzamento dunha aplicación móbil ligada á maquinaria e aos dispositivos dispoñibles para os produtores, o volcado de datos de traballo facilitaríase considerablemente. Tedes máis información sobre o proxecto, que acaba de lanzarse, nesta ligazón.
- Smart Olive Farm. É un proxecto que busca a mellora da produción de olivas para aceite e a súa transformación en aceite ecolóxicos, así como a optimización das estratexias de exportación. Hellas Bio Net é a rede de produtores promotora do grupo.
- Zanda e Liene, investigadoras da Universidade de Letonia, presentaron os resultados do grupo operativo que desenvolveron para a valorización do líquido de fermentación obtido na elaboración da col fermentada ( chucrut o sauerkraut),que, mediante a tecnoloxías cero residuo, converteron en un produto concentrado con moitas posibilidades de emprego como ingrediente culinario e un produto en polvo con aplicación na industria cosmética.
- Caixas de produtos locais na rexión de Medimurje, Croacia. Este proxecto a punto de rematar está promovido por Tina Hazic, granxeira e emprendedora no rural, e busca crear unha cadea de comercialización a pequena escala mediante cestas de diversos produtores locais na rexión croata de Medimurje. Estas cestas contan co recoñecemento “The best from Medimurje County”, que foi creado e lanzado con motivo do grupo operativo, e outorgan certa seguridade e estabilidade aos pequenos produtores locais. Podes traducir máis info desde a súa páxina web.
- É un proxecto promovido por produtores de cereais en Suecia que buscan optimizar o proceso de secado de cereais para a súa conservación e posterior transformación. Os seus representantes deixáronnos esta presentación da granxa Hasta Eco onde producen parte deses cereais.
-
E finalmente: LANIRINA, un proxecto de dinamización da cadea de valor do trigo ecolóxico, dende o seu cultivo na Llanada Alavesa, pasando pola produción de fariña e de transformados para a súa distribución en canles curtas de comercialización. A través deste proxecto puidemos coñecer a Noemi Salazar, axente de innovación encargada da coordinación de este e moitos máis interesantes proxectos; a Monika Irazola, unha das transformadoras dentro do GO, que encabeza un proxecto de panadería complementado con produción de horta; e a David Perez de Unzueta (e outros seis apelidos vascos) que forma parte do GO como produtor de trigo en conversión a ecolóxico. Estamos seguras de que volveremos atoparnos, se non é de forma intencionada, en moitos máis proxectos con esta veciñanza!
A visita cruzada desenvolveuse en dúas xornadas de traballo, incluíndo dúas visitas a campo. En primeiro lugar visitamos a Azienda Agricola Bio Floriddia, unha granxa centrada na produción de trigo de diversas variedades antigas e na súa transformación para a obtención de fariña, pasta ou pan, entre outros. Esta granxa familiar conta con 10 traballadores a maiores dos catro integrantes da familia que se encargan do negocio. Todos os produtores da zona coinciden en que a Azienda Floriddia foi de vital importancia no despegue da produción ecolóxica na Toscana, xa que foron os pioneiros ao conseguir a certificación no ano 1987. Falar con Rosario (un dos donos) e Riccardo (asesor rural) é un pracer para os sentidos, e a visita á granxa e ós seus campos de experimentación son todo unha experiencia moi recomendable!...
A granxa, con aproximadamente 250 hectáreas, produce trigo que alterna con leguminosas para consumo animal e humano; a maiores conta con un almacén frigorífico onde manteñen o gran ata durante 3 anos e un muíño industrial certificado. A fariña que obteñen pasa por un “doble” proceso de moenda que enriquece a fariña con sales minerais e vitaminas do farelo, o cal, ao mesmo tempo, a fai máis dixestible.
Sergio tentando adiviñar que tipo de chícharos estaban a medrar con tanta sequedade....
Foi unha grata sorpresa descubrir que tamén formaban parte de Slow Food Italia!
Na mesma visita a esta granxa presentamos os nosos grupos operativos e tamén desfrutamos dunha comida con produtos da granxa e de outras próximas a ela, incluíndo queixos elaborados con aromáticas ou madurados con trigo.
Na rolda de preguntas durante a presentación dos grupos operativos.
Durante a tarde da primeira xornada visitamos Il Cerreto, unha granxa ecolóxica que se complementa con agriturismo e onde cultivan case 500 hectáreas seguindo os principios da agricultura biodinámica.
O maestro biodinámico.
A piscina natural forma parte da oferta agriturística de Il Cerreto.
Nesta mesma granxa, ao igual ca na anterior, contan con unha tenda de produtos propios, na que inclúen verduras de tempada. Mostráronnos tamén un muíño do que fan uso outros produtores, e as cámaras de conservación.
Dentro da cámara.
A fariña de Il Cerreto.
Na mañá da segunda xornada traballamos o visto o día anterior e compartimos as nosas visións, ao mesmo tempo que tivemos unha sesión networking para proponer ideas para futuras colaboracións entre grupos operativos.
A Azienda Bioagroturismo Podere Montisi, moi próxima a Florencia, é unha visita pendente, así que teremos que volver viaxar a Florencia para ver a Barbara e Saverio.
Todos os grupos estábamos de acordo en que nos encantaría poder albergar a seguinte cross-visit na nosa casa, así que, quen sabe? Ao mellor o ano que vén nos toca escribir dende a perspectiva de hosts!