O pasado 6 de setembro reunímonos nas instalacións da Fundación Juana de Vega para poñernos as pilas de cara ao novo período.
Xa so queda un ano para rematar o proxecto, e os nosos obxectivos van collendo camiño.
Na reunión na que colaboramos socios e colaboradores, puidemos repasar todo o traballo realizado neste último ano, e reparsar os obxectivos tanto a curto como a longo prazo do vindeiro ano.
Os nosos produtos máis importantes están previstos para sair na primeira metade do próximo ano, pero non vos preocupedes porque xa vos informaremos da súa publicación!
Agora agardan meses de traballo para poder elaborar as mellores ferramentas de apoio á entrada exitosa ao sector agrario das novas e novos entrantes en Galicia.
Seguimos!
Publicación da xornada no Facebook Juana de Vega.