Os grupos operativos son o resultado da asociación de diversos axentes multidisciplinares para a implementación da AEI-Agri (Asociación Europea de Innovación en agricultura productiva y sostenible), e para a innovación nos sectores agroalimentario, gandeiro e forestal. Cada axente, con coñecementos diversos e un interés común, traballan na posta en marcha dun grupo que dará resposta a unha necesidade ou problema no ámbito no que se asente. Son parte del persoas dentro da agricultura, ganadería, empresas, centros de investigación, de desenvolvemento e innovación, experimentación, divulgación ou formación, ou institucións sen fins lucrativas.
Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, convocou para o ano 2022 (DOG nº 18 do 27 de xaneiro de 2022) cofinancia as axudas para a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI). O proxecto está cofinanciado nun 80% polo FEADER en nun 20% polos fondos da Administración Xeral do Estado, cunha axuda total de 177.644,29 euros.