Algunha nova interesante...

O noso equipo na última reunión presencial celebrada esta semana. Segue lendo para saber máis...

Hoxe vimos con unha publicación sobre algunhas novidades en torno a novas e novos entrantes. En primeiro lugar... falemos de prazos.  

Xa está aberta, dende o día 26 de xaneiro e ata o 26 deste mes de febreiro, o prazo para a solicitude de execución de grupos operativos. As axudas van dirixidas a todas aquelas organizacións, persoas ou grupos de persoas dedicadas á agricultura, ganadería ou silvicultura, centros de investigación ou calquera outra entidade que queira traballar a prol do desenvolvemento do noso agro. Estes grupos deberán estar formados por, a lo menos, dúas entidades.  

Deste xeito, a Asociación Europea da Innovación (AEI) convoca a execución destes proxectos a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), coa pretensión de fomentar o desenvolvemento de procesos, productos e outros recursos que sexan innovadores e que repercutan positivamente no sector agrario europeo.  

Podedes consultar as bases da convocatoria a través desta ligazón, ou buscando o código de procedemento MR331B na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.  

Seguindo con máis novidades de axudas, alédanos podervos informar da nova liña de axudas para o establecemento de persoas agricultoras novas en Galicia, que se pode solicitar desde o día 23 de xaneiro e ata o día 22 de marzo. Esta axuda ten como requisitos de acceso:  

  • Ter entre 41 e 55 anor de idade, ambos incluídos,  
  • Ser xefa ou xefe de explotación por primeira vez na actualidade ou nos últimos 12 meses antes da solicitude, 
  • Que a renda da explotación supere o 35% da renda total de referencia 
  • Posuir o nivel de capacitación mínimo de 150 horas no prazo máximo de 36 meses desde o momento do establecemento 
  • E presentar un plan empresarial 
  • Comprometerse a permanecer durante 5 anos sa actividade empresarial 
  • Non ter recibido outra axuda á instalación nin considerarse intalada/o.  

Se eres unha persoa nova entrante, no útimo ano non contache con ningunha axuda pola incorporación e cumpres o resto de requisitos, non agardes e infórmate na ligazón da sede electrónica, no procedemento MR404B. Podes obter máis información na publicación do resto de axudas no DOG Núm. 15 do luns, 22 de xaneiro de 2024.  

Detalle do procedemento na Sede Electrónica.

 

Noutra orde de “fresh news”, esta semana tivemos a primeira reunión do ano presencial, esta vez na Sede da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas. A xornada repartiuse en dous bloques de traballo, principalmente. Por unha banda, traballamos no portelo web da páxina que a Asociación de Mariñas-Betanzos dispoñibilizará para dar soporte ás persoas novas entrantes da súa área territorioal, así como no propio portelo SIX-web e a información a conter neste. É importante saber cales son as ferramentas que as persoas novas entrantes precisan, máis alá dos servizos básicos, para poder chegar a asesorar con detalle e da maneira máis eficiente na entrada ao sector deste perfil. Por este motivo, a segunda parte centrouse na guía final para novas e novas entrantes, que incluirá da forma máis intuitiva posible as directrices de como poder apoiar a unha persoa nova entrante no seu camiño de cara a un negocio agrícola, e que deberá ser adaptada en cada caso ás circunstancias especiais de cada territorio ou ámbito de traballo.   

Tivemos tamén tempo para disutir sobre como se desenvolverán as últimas xornadas do proxecto, nas cales esperamos poder mostrarvos todo o traballo ao longo dos que serán dous anos de proxecto, e tamén sobre como queremos que eses resultados cheguen ao maior número de público posible.

Moitas grazas por chegar ata aquí, seguiremos informando!