ENTREVISTAS TERRACTIVA Charline: "…es una responsabilidad retomar la tierra y no abandonarla.”

 

Entrevistamos a Charline (máis coñecida en Galicia coma Carlota), pertencente ao conxunto de novas e novos entrantes no sector agroalimentario galego, grupo que estamos a estudar dende TERRACTIVA e do cal xa vos falamos na entrevista a Miguel de Os Biosbardos.

Grazas a unha das fases cruciais do proxecto TERRACTIVA, a de caracterízación de novas e novos entrantes, puidemos coñecer a esta xove francesa asentada en Pontevedra. Destaca pola súa paixón pola terra e a súa dedicación ao seu traballo, que se complementan coa sensibilidade ambiental, política e social que a caracterizan.   

 


Charline non tiña experiencia de primeira man no sector, pero coñecía perfectamente o rural da Bretaña francesa grazas aos seus estudos e ó seu anterior traballo.  Foi entón cando decidiu que quería traballar no campo, ‘polo necesario que vía ese traballo en canto á produción de alimentos, pero tamén en canto á recuperación de terras agrícolas no seu país’. Algo que non dista da nosa realidade. “Me parecía el trabajo más bonito del mundo, el más útil y, a nivel político… es una responsabilidad retomar la tierra y no abandonarla”.  

Cóntanos que, cando chegou a Galicia hai xa case dous anos, apenas coñecía a ninguén e, inda que quería comezar unha actividade, non quería facelo sola. Cando coñeceu a Bea, ambas coicidiron no desexo de crear algo que puidera darlles un sustento e, a partir dun proxecto que xa existía en Domaio, Moaña, decidiron crear Fillas da Terra.   

Bea e Charline conforman unha cooperativa dedicada á produción de hortalizas de temporada e á formación en agroecoloxía. Os modelos cooperativos son unha alternativa ás incorporacións ao sector agrícola, que se administran de forma democrática e nas cales os beneficios se revirten na propia cooperativa, axudando a dinamizar o territorio 

Gustaríalle poder transformar o que producen para poder sacar máis rendemento á explotación pero primeiro necesita consolidarse.  Agora ten claro que ter un plan financieiro é crucial, e que a confianza nunha mesma é fundamental para manterse.