TERRACTIVA está formado por un equipo de persoas procedentes de diversas agrupacións dentro do territorio galego. A nosa premisa é o desenvolvemento do tecido socioeconómico vencellado ao sector primario, concretamente a iniciativas agoecolóxicas.
Unha parte importante do proxecto céntrase en debullar as maiores dificultades para as e os novos entrantes na entrada e establecemento no sector agrícola do noso territorio. Con esto, poderíase traballar a prol do desenvolvemento de ferramentas axeitadas para a superación das principais barreiras, que poderían ser empregadas por múltiples actores de asesoramento e acompañamento á incorporación.
O día 11 de maio celebrouse nas instalacións do LaboraTe, dentro do Campus Terra da Facultade de Lugo, o primeiro encontro presencial do ano no marco do proxecto Terractiva. Todas as persoas vencelladas ao proxecto, e en representación de cada unha das entidades socias e colaboradoras, puidemos traballar no desenvolvemento dalgunha desas ferramentas. Para poder acompañar no proceso de incorporación, realizouse un bosquexo do que pretenden ser unhas guías de incorporación ao sector, que son ao mesmo tempo adaptables para cada territorio. De forma participativa, identificáronse:
- Apartados desas guías, é dicir, bloques temáticos en función dos conceptos máis importantes a abordar
- Contidos para cada apartado
- Formato
- Extensión
- E outra información que a cada grupo puidera parecerlle útil.
En grupos de 2,3 ou 4 personas fóronse desenvolvendo e expoñendo ao resto de grupos.
Agora toca procesar toda a información e poñela en conxunto para poder dar forma ao que será a futura guía para o acompañamento durante a incorporación no sector agrario a novas e novos entrantes.