En concordancia co comentado anteriormente, o pasado xoves 27 de marzo, acudimos ó V Foro de Innovación Produtiva no Sector Agrario, convocados pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) con obxeto de expoñer o proxecto Terractiva mailos seus resultados.
A xornada tuvo lugar no Pazo de Fontefiz (Coles), nun idílico entorno no cal destacan os rebaños de animais de raza autóctona como vaca cachena ou vianesa, entre outros. Non puidemos ter mellor benvida. Unha vez dentro, e tras unha benvida por parte dos convocantes, puidemos expoñer Terractiva o resto de participantes mais ao tribunal nomeado.
A continuación, o resto de proxectos foron presentados e puidemos desfrutar dunha mañá ben interesante e productiva. A mediados da xornada, aproximadamente, foi o momento dun breve descanso no cal puidemos parar a leer os paneis-resumo dos proxectos expostos durante esta segunda xornada do Foro onde a temática vinculante foi a agricultura.
Por último, e xa co remate da xornada, chegou o momento da clausura, acompañada dunha degustación de produtos galegos de calidade diferenciada que se presentaron nun menú elaborado polo chef André Arzúa. Unha delicia!
Polo momento, iso é todo, compañeiros. Seguiremos informando e tentando aportar o noso graniño de area para que o noso sector vexa o seu futuro garantizado.








