Como todo o bo, este proxecto vai atopando o seu final, e se ven non será un "adeus", se non un "deica logo", tocou presentar os productos elaborados durante todo este tempo nunha xornada final. Este evento foi hospedado por Sergio Boado, de Granxas da Lousada (Irixoa), colaborador deste proxecto con moito que aportar pola súa condición de ser tamén un novo entrante no seu momento.
Este acontecemento comezou ás 11 da mañán, cunha benvida da man de José Gil (EFA Fonteboa) seguida por unha breve introducción ó por que do proxecto da man de Quico, compañeiro do grupo e integrante de LaboraTe (USC).
Imaxe 1: José Gil dando a benvida os convidados.
Imaxe 2: Quico (USC) introducindo o por que deste proxecto.
A continuación, Alicia Fernández (EFA Fonteboa) deu unhas breves pinceladas en torno a que son os grupos operativos e introduciu o noso: Grupo Operativo TERRACTIVA. Tras isto, xa co proxecto e o grupo ben presentados, foi o momento de comezar a presentar os productos obtidos durante todo este tempo, polo que tomou o micrófono Quico de novo para presentarnos a Guía de acceso a terras e, a continuación, Elena López (Fundación Juana de Vega). Elena presentou a Guía xeral, que poderá ser atopada máis estará accesible na nosa web nuns días.
Imaxe 3: turno de presentación da guía xeral por parte de Elena.
Unha vez presentadas as Guías, foi o turno de Nico, compañeiro do GDR Mariñas-Betanzos para falar tanto do portelo web como da creación e aplicación, no seu territorio, das Guías de avicultura e de horta.
Imaxe 4: o compañeiro Nico durante a súa exposición.
Xa para rematar a presentación do proxecto e resultados, o noso colaborador e anfitrión, Sergio, falounos un pouco da súa aventura como novo entrantes. El é e foi un deses "paracaidistas" os que, como fin último, tentamos axudar. Mencionar tamén a Bea, compañeira de LaboraTe (USC) que fixo unha gran labor coma moderadora do evento para que puideramos rematar nun tempo razoable.
Imaxe 5: Sergio, Bea e Quico.
Tras un máis que merecido descanso foi o momento de realizar un coloquio que, moderado por Bea de novo, permitiunos debatir en torno ó futuro do sector agrario galego. Para isto, interviñeron tanto os integrantes do noso Grupo como os asistentes: asesores das Oficinas Rurais, investigadores do CIAM, novos entrantes per se... Entre todos fíxose voar o tempo e consolidouse unha útil e bonita rede de contactos para o apoio a novos entrantes.
Imaxe 6: momento do coloquio cos asistentes mentres Bea moderaba esta actividade.
Tras finalizar esta parte da xornada, foi o momento de realizar un pouco de exercicio: ca guía de Sergio, tuvemos a oportunidade de coñecer Granxas da Lousada. Puidemos apreciar a súa extensión, visitar a horta e as instalacións gandeiras, máis os animais criados neste explotación ecolóxica. Aproveitamos para agradecerlle tanto a Sergio como a Dolores a oportunidade de coñecer este bonito proxecto que teñen en marcha
Imaxe 7: parte da visita, explorando os invernadoiros.
Imaxe 8: Sergio explicando durante a visita.
Imaxe 9: algúns dos animais criados en Granxas da Lousada.
Xa para rematar, queremos agradecer ós asistentes a súa participación e implicación tanto co noso proxecto como co evento. Se ven non todos eles pudieron quedar ata a visita, a súa presencia foi moi notoria, e é que a paixón que o noso sector xera non é algo que se poida camuflar.
Imaxe 10: membros e colaboradores do Grupo xunto con algúns dos participantes ó evento.
Con todo isto damos por finalizada esta pequena reportaxe, pero non en antes agradecer a todos aqueles que acudiron e participaron, a todos os que quixeron vir e non puideron, e a todos os compañeiros. Que o interese por manter vivo o noso medio rural non quede nunca no esquecemento.
Imaxe 11: final de todo da visita.