Obterase un novo marco procedimental e metodolóxico para apoiar aos novos entrantes na definición e implantación de Iniciativas de produción agropecuaria agroecolóxica. Integrará:
1. Itinerarios tipo de incorporación á actividade agraria en función do perfil da persoa que se incorpora (cada itinerario comprende unha secuencia de etapas para implantar a actividade agroecolóxica cubrindo os aspectos clave: terra, capacitación, planificación técnico-económica, planificación xurídico-administrativa, etc.)
2. Unha guía de apoio aos novos entrantes en Galicia, que abordará de xeito integral e estruturado as diferentes etapas dos itinerarios, acompañada dun inventario de recursos prácticos dispoñibles
3. Aplicación práctica da guía para dous sectores produtivos no GDR mariñas-betanzos cun enfoque agroecolóxico e territorializado.
4. Portelo web integrado de apoio á incorporación de novos entrantes no territorio do gdr as mariñas-betanzos
5. Bases para o establecemento dunha rede ‘de pares’ de apoio aos novos entrantes