Vídeos

Grazas ao GO Terractiva podemos coñecer cuestións concretas relacionadas coas dificultades e facilidades que algunhas persoas novas no sector experimentaron na súa entrada e establecemento no mundo agrario. Velaquí tedes algúns exemplos que nos poden axudar a comprender máis a estes perfís e deseñar ferramentas e políticas a favor das súas necesidades e desexos!

 

 

Descubre distintas experiencias concretas en Galicia de persoas novas entrantes no sector: Paula e Antonio da Gandería caprina Val de Conso; Carlos e Sergio da Cooperativa A Meixoeira; e Amanda, produtora hortícola e socia da Cooperativa A Estruga. 

 

 

Por outra banda, Santiago Pemán cóntanos a súa experiencia na transición dende o sector aéreo ao da terra e, por outra banda, o veterinario venezolano Jesús Alejandro Morales contanos como chega a Galicia en busca dun futuro mellor no sector queixeiro (fai click nas imaxes).

 

 

Por último, pero non por iso menos importante, deixámovos a continuación un vídeo-resumo da xornada de presentación de resultados que realizamos, en setembro do 2024, en Granxas da Lousada (Irixoa).